sábado, 1 de diciembre de 2018

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

PECHAMOS O MES DA CIENCIA EN GALEGO CON....



"TALLERES PARA ENTENDER O UNIVERSO"


Os alumn@s de Cultura Científica de 4º de ESO, moi ben dirixidas pola profesora Leonor Vidal, deleitaronnos con xogos explicativos sobre o Universo. 
As alumn@s explicando a dinámica

Aínda que a actividade ía dirixida ó alumnado de 1º de ESO pola Biblio apareceron alumnos de 1º de Bac, de 1º de ESO e algún que outro profesor. 



Nas mesas dispostas por temáticas os monitores e monitoras explicarónnos o Big-bang, as constelacións,o Universo nun frasco de cristal e o sistema solar en botes de bebidas.

Grazas a tod@s os participantes por esta éxitosa celebración do Mes da Ciencia en Galego  unha colaboración entrea Biblioteca e o Club de Ciencia do IES Ollos Grandes, Ollando na ciencia.


sábado, 24 de noviembre de 2018

CHARLANDO CON CIENTÍFICOS

Continuando coas actividades do Club de Ciencia, o pasado xoves, os alumnos de primeiro curso de bacharlato, tiveron a oportunidade de escoitar ao profesor da USC, Alejandro Vilar López

Nunha interesante charla, titulada   “E Hawking dixo, fágase a luz", conseguiu achegarnos a Teoría do Big Bang e as aportacións de grandes científicos como Einstein, Hoyle ou Hawking á visión actual dun universo en expansión. Posteriormente, estableceuse un coloquio co alumnado.


O alumnado de STEM BAC Ollos Grandes representado por Carlos, Mario e Jaime fixeron unha interesante entrevista a Alejandro Vilar López. Podes escoitala aquí.

viernes, 23 de noviembre de 2018

MES DA CIENCIA

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO: EXPO "OLLANDO NA AUGA"



Durante todo  o mes de novembro no primeiro andar do IES Ollos Grandes estivo situada a EXPO fotográfica "Ollando na auga". En ela, o alumnado STEM presentou as súas imaxes obtidas durante o proxecto "A grolos no Miño?".
As imaxes foron obtidas coa cámara do móbil e captadas a través do ocular dos microscopios ópticos [mo] do laboratorio de Bio-Xeo. Podemos observar imaxes cunha magnificación de x250 aumentos, x450 aumentos. Podemos observar fragmentos de materia inorgánica, de materia orgánica e microorganismos bioindicadores do estado da auga.



Xa,  máis sofisticadas,  foron as mostras observadas co Microscopio Electrónico de Barrido (MEB) de diatomeas (algas microscópicas de caparazón de Sílice) que mostraban toda a beleza das súas dúas valvas silíceas. Esta imaxe podemos obtela gracias á colaboración de Alba Román do CACTUS-Lugo.



Podes seguirnos en Instagram "Stem Bac Ies Ollos Grandes"

A EXPO "Ollando na auga" pódese visitar no 1º andar, no rincón STEM "Ollando na ciencia".

miércoles, 21 de noviembre de 2018

XOGOS MATEMÁTICOS E TECNOLÓXICOS NA BIBLIOTECA


NOVEMBRO, MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA


Fixádevos: temos  na biblioteca unha mesa con xogos matemáticos e tecnolóxicos. Son quebracabezas, sobre números moi grandes ou moi pequenos,  a forma de nomealos e escribilos e a súa utilidade.

Todos os xogos, foron elaborados polo alumnado no Club de Ciencia, e irán cambiando cada semana deste mes.
Atréveste?

martes, 20 de noviembre de 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO

NOVEMBRO MES DA CIENCIA, 6 DÍA

O RECUNCHO DE OLLANDO NA CIENCIA


En plena transformación da zona de Exposicións do Club de ciencia, o alumnado de 1º BAC presentou a súa primeira exposición de traballos.

 O ciclo de vida dunha célula é moi particular:
-nacen,
- reprodúcense  por mitose (células nai) e
- van especializándose pouco a pouco para desempeñar un traballo moi específico no tecido que as aloxa.
-Despois de un tempo desempeñando dito papel  morren por apoptose.

Unha desas células é a Neurona e outra e o Miocito.  

No Miocito podemos distinguir longas fibras proteícas (citoesqueleto) que van permitir a contración muscular, un Retículo Endoplasmático ultraespecializado con moitos ións de Calcio para a comunicación do movemento.

A neurona ten un corpo ou soma con orgánulos moi definidos e gran abundancia de Retículo Endoplasmático Rugoso e vesículas con proteínas, como podemos ver na imaxe.

Pero destacamos o importante papel das conexións que se fan entre neuronas, as redes neuronais  que esconden os segredos da memoria, da toma de decisións, do amor, do movemento........





En Anatomía estúdanse tres células ultraespecializadas: neuronas, miocitos (músculo) e osteocitos (osos).

Esta Exposición quere acercar as dúas primeiras células citadas a todo o alumnado que pase por "Ollando na ciencia"- Club de ciencia.

O alumnado desplegou a súa creatividade!!


jueves, 15 de noviembre de 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO, 5º DÍA

Nesta xornada tocou falar de produtos de cosmética. Os anuncios de champú sempre nos falan de utilizar un champú de pH neutro. 

Sabemos que o pH natural do pelo está entre 4,5 e 5,5 e que un pH por encima de 8 reseca o pelo e abre as cutículas. 

Todo isto e moito máis aprendimos hoxe na charla que deron Iria, Antía e Pablo nas sesións de "Ciencia en galego" que a Biblioteca e o Club de ciencia están a celebrar con gran éxito.
 Os alumnos foron dirixidos pola profesora Cristina Gómez dentro da materia de Cultura Científica de 1º de bacharelato.
O traballo, de un gran rigor científico,  destacou por a claridade con que explicaron o proceso de desnaturalización das proteínas que ten lugar polo cambio de pH e así mesmo poque as propias alumnas comprobaron os fecitos do champú no seu propio pelo.  Noraboa a Antía, Iria e Pablo por manter a nosa atención en alza durante a exposición.

Continuamos expoñendo os Proxectos de Investigación que o alumnado de 1º de Bac realizou ocurso pasado. 

martes, 13 de noviembre de 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO, 4º DÍA

Nas Comunicacións científicas que se están levando a cabo no IES Ollos Grandes adicadas á Ciencia en Galego,  hoxe tocoulles o turno a María Díez e Andrea Polo co traballo Inflúe o color de ollos na percepción da luz?".

Este traballo  leváronno a cabo durante o  curso 2017 - 2018 e presentouse no III Congreso de Ciencia.

Os proxectos que teñen en conta a luz e os seus órganos receptores son sempre de gran interese por parte do alumnado co cal o éxito desta exposición estaba asegurado.

Agradecemos a Andrea e a María a súa participación así como o empeño que demostraron á hora de facer un traballo con recollida de datos rigorosa e boa documentación.


Moitas grazas e que o voso exemplo, como o de todos que estades  expoñendo,  serva para espertar nos máis pequenos o interese pola ciencia.

Noraboa!!!!!!