sábado, 27 de abril de 2019

CONGRESO DE CIENCIA 2019

O AROMA DOS PERFUMES DISTINGUE DE SEXOS?

Unha pregunta a cal o alumnado de 3º de ESO vai a dar resposta no Congreso de ciencia da próxima semana.

Estes días alumnos de 3º A pediranvos a vosa colaboración para un estudo moi importante,

"preparan as clases de cosméticos os aromas en función do sexo?"

Tí que pensas? Os rapaces e rapazas que realizan este estudo daránvos a resposta.

lunes, 22 de abril de 2019

OLLANDO O UNIVERSO

NATURAL   LAB - 

Feira da ciencia en Lugo


O alumnado de 4º de ESO está preparando unha nova sesión da actividade "Ollando o Universo".

Con materiais de uso cotiá e moito inxenio, foron capaces de deseñar unhas actividades moi interesantes que contaron coa aprobación do público no mes da Ciencia.

Coas actividades: 
"Na procura das constelacións", 
"O Big Bang", 
"Sistema solar" e ata 
"Unha galaxia nun bote" 

disfrutaremos de novo, na Feira de Ciencias o día 10 de maio no Vello Cárcere, dende as 11:00 h - 01:45 h.

Vémonos.....

sábado, 13 de abril de 2019

EXPO: PLANETA MÓBIL

NANO CAM

UN RECURSO PLANETA MÓBIL - A CAIXA

Para calentar motores cara a Semana do Congreso de Ciencia de este ano o Club de Ciencia e o STEM BACH  achega ó alumnado do IES Ollos Grandes o Planeta Móbil titulado: "Nano Cam".
DURACIÓN:27 ' [castellano/english]
http://www.nanocam.es/indice.html 




"Un punto de vista único, didáctico y divertido para acercarnos a los seres vivos. Un programa que simula imágenes de microscopio electrónico nos reducirá al tamaño de una bacteria para observar el mundo a esa escala y dar un paseo por cada uno de los reinos de los seres vivos.
Descubriremos la gran diversidad biológica que existe en el mundo microscópico, conoceremos los reinos de los seres vivos, sus características, sus interrelaciones, su importancia en los ecosistemas, su valor para el ser humano y la belleza intrínseca de cada ser vivo."   Transcrito de COSMO CAIXA



Ven e poderás vivir en primeira persoa a sensación de ter o tamaño dunha bacteria.......

viernes, 12 de abril de 2019

PREPARANDO O CONGRESO DE CIENCIA

UNHA MAN ROBÓTICA

As actividades de robótica non deixan indiferente a ninguén. De todos é ben coñecido que o comezo do século XXI trouxo a terceira gran revolución industrial: O mundo robotizado. Cos seus pros e contras pero está aí!

TECNOLOXÍA SOCIAL

O proxecto tecnolóxico do IES Ollos Grandes non podía quedarse atrás e, tendo en conta que profesorado de anatomía e de tecnoloxía comparten ideas no Club de ciencia, xorde a idea de facer unha man robótica.

Sí, sí estades a ouir ben: Unha man robótica como si de deuses se tratara. 

Miguel Barreiro, profe de tecnoloxía púxose mans a obra e vela aí o que poderemos manexar no congreso de ciencia. 



PORQUE A TECNOLOXÍA TEN MOITO DE BÓN: 

EMPATÍA / COMPARTIR / COLABORAR / RESPECTAR


Unha fonte de inspiración inesgotable para os tecnólogos é o corpo humán. Máquina imperfecta, perfecta onde a busques, trouxo grandes ideas en campos filantrópicos como o da fabricación de próteses:  https://www.bq.com/es/proyecto-ayudame-3d 


PREPARANDO O CONGRESO DE CIENCIA

ESTATÍSTICA EN 2º ESO

&

DIVERTÍNDOSE

As características específicas dun instituto e outro son diferentes. Contexto e número de alumn@s  por aula condicionan moito as tarefa do profesorado.

No IES Ollos Grandes propuxémonos que o Club de Ciencia chhegara a todos os alumnos e alumnas coa finalidade de captar a súa atención cara os sucesivos cursos. Así as actividades que desenvolvemos van dirixidas a todo o grupo tanto en tecnoloxía como en matemáticas. 

Nesta ocasión presentamos a actividade de aula:  "Introdución os métodos estatísticos" que presentarán no Congreso de ciencia 2019, baixo un título propio en cada grupo. Agardamos ver os resultados.

PREPARANDO O CONGRESO DE CIENCIA

MICROCAM

IMAXES A MICROSCOPIO DE PROCESOS BIOLÓXICOS 

Imaxes superiores x10 x40 = 400 aumentos
Imaxes inferiores x10 x10 = 100 aumentos
AUTORES: Paula e Daniel
Estas espectaculares imaxes de células de pétalo de rosa móstrannos dúas situacións extremas:
  • Esquerda, cando as súas vacuolas se enchen de auga. A auga entra dentro da célula e desdebuxa  mesmo a parede vexetal.
  • Dereita cando se perde toda a auga que contén a célula. A célula perdeu toda a auga e mesmo a membrana plasmática colapsa e se separa da parede vexetal deixando que esta debuxe unha forma xeométrica perfecta.
    • En ámbolos dous casos a célula acaba morrendo. 
    • O proceso escondido nas imaxes chámase ósmose e representa a entrada ou salida de auga para igualar concentracións de sales a ambos os dous lados da membrana plasmática.

domingo, 7 de abril de 2019

PREPARANDO O CONGRESO DE CIENCIA

COPIANDO DA NATUREZA: 

O DEDO ROBÓTICO

Durante este curso un grupo de rapazas e rapaces deseñaron, construiron e programaron un dedo robótico coa coordinación e o inxenio do profesor de Tecnoloxía, Miguel Barreiro.

A tarefa presentábase difícil xa que a complexidade do esqueleto humano é de todos coñecida pero puxeron mans a obra.

O dedo posúe un motor para poder obter a enerxía necesaria para poder movelo. Os tendóns  e músculos que o moven fixose con fío de nailón.

No Congreso de Ciencia faremos unha demostración do seu funcionamento.

Agardámosvos!!

jueves, 4 de abril de 2019

PREPARANDO O CONGRESO DE CIENCIA 2019

TALLER: "Molécula de ADN"

Alumnado de 1º de bac estivo preparando durante varios meses os distintos compoñentes da macromolécula de  ADN.



                             FASES DO PROXECTO

Nunha primeira fase deseñáronse os compoñentes básicos: desoxirribosas, grupos fosfato e bases nitroxenadas de Adenina, Guanina, Citosina e Timina.

Na segunda fase construíronse os monómeros unindo cada un dos compoñentes mediante enlaces covalentes coa finalidade de comprender mellor o concepto de monómero de ADN.

Na terceira fase elaborouse unha primeira cadea en dirección 5'-----3' e colocouse a súa cadea complementaria en dirección 3'------5'.

Na cuarta fase, realizada hoxe, incorporamos os enlaces de Hidróxeno, forzas máis débiles, que manteñen unidas as dúas cadeas antipararlelas.


Esta actividade  serve de formación para comprender a molécula de ADN coas súas peculiaridades e será presentada no Congreso de Ciencia do mes de maio.

Representaremos así a información  que se esconde dentro dun xene e adicaremos esta actividade a figura de Rosalyn Franklin que da nome á nosa nova aula STEM.


martes, 2 de abril de 2019

CHARLANDO CON CIENTÍFICOS

XURXO MARIÑO


O mércores pasado, recibimos no noso centro a Xurxo Mariño, biólogo e doctor en Neurofisiología pola USC, para falarnos de  'Radiación, teléfonos móbiles e saúde'.


Lembrounos as  catro forzas fundamentais do universo: a gravidade, a forza electromagnética,  a forza nuclear forte e a nuclear  débil e vimos como todas elas afectan aos seres vivos.


Posteriormente respostou ás preguntas que lle fixeron os alumnos de 4º de ESO Yago Atadell e Mario Ferreiro.

Un pracer escoitalo!!!



Un momento da entrevista: