jueves, 4 de abril de 2019

PREPARANDO O CONGRESO DE CIENCIA 2019

TALLER: "Molécula de ADN"

Alumnado de 1º de bac estivo preparando durante varios meses os distintos compoñentes da macromolécula de  ADN.



                             FASES DO PROXECTO

Nunha primeira fase deseñáronse os compoñentes básicos: desoxirribosas, grupos fosfato e bases nitroxenadas de Adenina, Guanina, Citosina e Timina.

Na segunda fase construíronse os monómeros unindo cada un dos compoñentes mediante enlaces covalentes coa finalidade de comprender mellor o concepto de monómero de ADN.

Na terceira fase elaborouse unha primeira cadea en dirección 5'-----3' e colocouse a súa cadea complementaria en dirección 3'------5'.

Na cuarta fase, realizada hoxe, incorporamos os enlaces de Hidróxeno, forzas máis débiles, que manteñen unidas as dúas cadeas antipararlelas.


Esta actividade  serve de formación para comprender a molécula de ADN coas súas peculiaridades e será presentada no Congreso de Ciencia do mes de maio.

Representaremos así a información  que se esconde dentro dun xene e adicaremos esta actividade a figura de Rosalyn Franklin que da nome á nosa nova aula STEM.


No hay comentarios:

Publicar un comentario