viernes, 12 de abril de 2019

PREPARANDO O CONGRESO DE CIENCIA

UNHA MAN ROBÓTICA

As actividades de robótica non deixan indiferente a ninguén. De todos é ben coñecido que o comezo do século XXI trouxo a terceira gran revolución industrial: O mundo robotizado. Cos seus pros e contras pero está aí!

TECNOLOXÍA SOCIAL

O proxecto tecnolóxico do IES Ollos Grandes non podía quedarse atrás e, tendo en conta que profesorado de anatomía e de tecnoloxía comparten ideas no Club de ciencia, xorde a idea de facer unha man robótica.

Sí, sí estades a ouir ben: Unha man robótica como si de deuses se tratara. 

Miguel Barreiro, profe de tecnoloxía púxose mans a obra e vela aí o que poderemos manexar no congreso de ciencia. 



PORQUE A TECNOLOXÍA TEN MOITO DE BÓN: 

EMPATÍA / COMPARTIR / COLABORAR / RESPECTAR


Unha fonte de inspiración inesgotable para os tecnólogos é o corpo humán. Máquina imperfecta, perfecta onde a busques, trouxo grandes ideas en campos filantrópicos como o da fabricación de próteses:  https://www.bq.com/es/proyecto-ayudame-3d 


No hay comentarios:

Publicar un comentario