Entradas

O CEO DENDE A VENTÁ

Imagen
 Patricia e Marco e o traballo en diversidade Dende o 12 de xaneiro ata o 6 de xuño, Marco cada día, facía unha foto ao ceo dende a ventá da Titoría 2.   Esta foto diaria tiña un dobre propósito.  Por unha banda axudaba a introducir unha rutina que lle dese pautas para realizar sempre as mesmas accións en clase e o predispuxera para comezar o traballo.  Por outra banda, fomentaba a  observación: Ver  como ía cambiando o tempo atmosférico co paso dos meses e comprobar no calendario que tiñamos enriba da mesa. Comprobar nun calendario que  estaba en " inglés". Se o ceo que acababa de fotografiar se correspondía coa lapela do tempo que tiñamos no calendario en inglés (cloudy, sunny,...) entón o calendario acertaba!! O produto final é este video-timelapse onde se ve o paso de todos os días dende aquel 12 de xaneiro ata o recente 4 de xuño.  A Marco encantoulle o proxecto.

Iniciándose nos procedementos experimentais.

 O alumnado de 1º ESO B e D demostraron un gran dominio da escena no deseño e execución de diversos experimentos. profesora coordinadora, Leonor Varela. Facer ciencia é tan sinxelo como estas propostas que traemos aquí.

Taller de modelaxe de articulacións

Imagen
 Os alumnos de 1º de bac realizaron un taller de modelaxe de articulacións humanas.  COs materiais empregados foi diverso: arxila blanca; papel maché; plastilina. O resultado foi espectacular. Facendo a articulación atlas - axis que sostén o cráneo. Construíndo a articulación do codo cos seus ligamentos. Hombro cos seus ligamentos. Cervicais e discos intervertebrais. Tobillo con ligamentos. Parabens! Foi estupendo.

O TEST DE ROCKPORT. Capacidade aerobia

Imagen
 Medindo a nosa capacidade pulmonar (VO2) O Volume de osíxeno en sangue defínese como a máxima cantidade de osíxeno que un organismo pode tomar, transportar e consumir nun tempo determinado.  Tamén se pode chamar capacidade aeróbica xa que mide a cantidade de osíxeno que as células musculares metabolizan, que  o sangue é capaz de transportar así como, o corazón de bombear. Coñecer o noso Volume de O2 en sangue é importante á hora de comezar a facer un exercicio intenso e tamén para saber o estado, en xeral do noso sistema cardiorrespiratorio. O test de Rockport é unha das tres estratexias máis utilizadas para calculalo.  Como aparello electrónico só precisamos o móbil. As demáis constantes podemos medilas nós mesmos.  Logo por medio da fórmula que define este protocolo podemos obter o Volume de osíxeno por minuto. A actividade levouse a cabo no Parque de Rosalía de Castro.

GINKANA DOS SENTIDOS EN ETAPA COVID

Imagen
  O Club de ciencia deseñou unha actividade que chamamos "Ginkana dos sentidos" con alumnado de 1º de BAC. Seis alumnos e alumnas actuaron de monitores e deseñaron actividades para probar as habilidades de cada un de nós con respecto os sentidos. Como podemos ver na imaxe marcouse un percorrrido mantendo distancias!! A monitora da "audición" deseñou unha actividade na que se podía medir a agudeza auditiva distinguindo entre sons agudos e graves. Todo un reto. Outra tarefa interesante foi probar perfumes e decidir si eran de rapaz ou de rapaza. Os esterotipos funcionaron á perfección, con esta proba. Na imaxe podemos ver a outra alumna calculando o número de acertos e recoñecer cal era o seu sentido máis agudo! , agás o sentido do humor, claro. En este grupo estaban intentando recoñecer os sabores sen o sentido do olfato e sen o da vista. Foi unha das tarefas máis difíciles que desenvolveron os rapaces e rapazas. Parabéns tanto a monitores como a participantes!!

CÉLULAS EN 3D

Imagen
EXPOSICIÓN VIRTUAL DE CÉLULAS EN 3D O alummnado de 1º ESO e a súa profesora, Leonor Vidal. Na súa primeira incursión nas profundidas da célula o alumnado de 1º de ESO deíxanos abrallados coa claridade con que distinguen os distintintos orgánulos e capta con claridade aquelas características máis conspicuas. Nas dúas primeiras imaxes atopamos células vexetais con distinto grao de aproximación . Rematamos cunha impecable célua animal. 

EMOTICONS, CAL É O SEU SEGREDO?

Imagen
  o segredo dos emoticons Alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, anatomía. 👀👀 Vendo os debuxos realizados por las rapazas de 2º de Bac podemos ver como se asemellan os emojis que utilizamos cando escribimos un wasapp. Podemos observar como na expresión dos ollos e da boca radica a clave das nosas expresións e os emoticonos resaltan a nosa resposta emocional ante as novas que vimos de ler.  En cada país do mundo os emoticóns máis utilizados son diferentes e falan moito de como somos. Parece ser que nos países do sul usamos moito os máis emotivos e cariñosos, cariñas con corazóns, bicos con corazóns... Pero, quen ou quenes son os responsables de estas emocións que se reflicten no noso rostro sen poder case controlar? A resposta son: os músculos faciais.  Básicamente con 7 músculos que controlan a apertura e peche dos ollos, a elevación das cexas, a apertura da boca a subida ou baixada do mentón, podemos resumir as múltiples pequenas fibras nerviosas que controlan estos movementos. O r