sábado, 1 de diciembre de 2018

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

PECHAMOS O MES DA CIENCIA EN GALEGO CON....



"TALLERES PARA ENTENDER O UNIVERSO"


Os alumn@s de Cultura Científica de 4º de ESO, moi ben dirixidas pola profesora Leonor Vidal, deleitaronnos con xogos explicativos sobre o Universo. 
As alumn@s explicando a dinámica

Aínda que a actividade ía dirixida ó alumnado de 1º de ESO pola Biblio apareceron alumnos de 1º de Bac, de 1º de ESO e algún que outro profesor. 



Nas mesas dispostas por temáticas os monitores e monitoras explicarónnos o Big-bang, as constelacións,o Universo nun frasco de cristal e o sistema solar en botes de bebidas.

Grazas a tod@s os participantes por esta éxitosa celebración do Mes da Ciencia en Galego  unha colaboración entrea Biblioteca e o Club de Ciencia do IES Ollos Grandes, Ollando na ciencia.


sábado, 24 de noviembre de 2018

CHARLANDO CON CIENTÍFICOS

Continuando coas actividades do Club de Ciencia, o pasado xoves, os alumnos de primeiro curso de bacharlato, tiveron a oportunidade de escoitar ao profesor da USC, Alejandro Vilar López

Nunha interesante charla, titulada   “E Hawking dixo, fágase a luz", conseguiu achegarnos a Teoría do Big Bang e as aportacións de grandes científicos como Einstein, Hoyle ou Hawking á visión actual dun universo en expansión. Posteriormente, estableceuse un coloquio co alumnado.


O alumnado de STEM BAC Ollos Grandes representado por Carlos, Mario e Jaime fixeron unha interesante entrevista a Alejandro Vilar López. Podes escoitala aquí.

viernes, 23 de noviembre de 2018

MES DA CIENCIA

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO: EXPO "OLLANDO NA AUGA"



Durante todo  o mes de novembro no primeiro andar do IES Ollos Grandes estivo situada a EXPO fotográfica "Ollando na auga". En ela, o alumnado STEM presentou as súas imaxes obtidas durante o proxecto "A grolos no Miño?".
As imaxes foron obtidas coa cámara do móbil e captadas a través do ocular dos microscopios ópticos [mo] do laboratorio de Bio-Xeo. Podemos observar imaxes cunha magnificación de x250 aumentos, x450 aumentos. Podemos observar fragmentos de materia inorgánica, de materia orgánica e microorganismos bioindicadores do estado da auga.



Xa,  máis sofisticadas,  foron as mostras observadas co Microscopio Electrónico de Barrido (MEB) de diatomeas (algas microscópicas de caparazón de Sílice) que mostraban toda a beleza das súas dúas valvas silíceas. Esta imaxe podemos obtela gracias á colaboración de Alba Román do CACTUS-Lugo.



Podes seguirnos en Instagram "Stem Bac Ies Ollos Grandes"

A EXPO "Ollando na auga" pódese visitar no 1º andar, no rincón STEM "Ollando na ciencia".

miércoles, 21 de noviembre de 2018

XOGOS MATEMÁTICOS E TECNOLÓXICOS NA BIBLIOTECA


NOVEMBRO, MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA


Fixádevos: temos  na biblioteca unha mesa con xogos matemáticos e tecnolóxicos. Son quebracabezas, sobre números moi grandes ou moi pequenos,  a forma de nomealos e escribilos e a súa utilidade.

Todos os xogos, foron elaborados polo alumnado no Club de Ciencia, e irán cambiando cada semana deste mes.
Atréveste?

martes, 20 de noviembre de 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO

NOVEMBRO MES DA CIENCIA, 6 DÍA

O RECUNCHO DE OLLANDO NA CIENCIA


En plena transformación da zona de Exposicións do Club de ciencia, o alumnado de 1º BAC presentou a súa primeira exposición de traballos.

 O ciclo de vida dunha célula é moi particular:
-nacen,
- reprodúcense  por mitose (células nai) e
- van especializándose pouco a pouco para desempeñar un traballo moi específico no tecido que as aloxa.
-Despois de un tempo desempeñando dito papel  morren por apoptose.

Unha desas células é a Neurona e outra e o Miocito.  

No Miocito podemos distinguir longas fibras proteícas (citoesqueleto) que van permitir a contración muscular, un Retículo Endoplasmático ultraespecializado con moitos ións de Calcio para a comunicación do movemento.

A neurona ten un corpo ou soma con orgánulos moi definidos e gran abundancia de Retículo Endoplasmático Rugoso e vesículas con proteínas, como podemos ver na imaxe.

Pero destacamos o importante papel das conexións que se fan entre neuronas, as redes neuronais  que esconden os segredos da memoria, da toma de decisións, do amor, do movemento........





En Anatomía estúdanse tres células ultraespecializadas: neuronas, miocitos (músculo) e osteocitos (osos).

Esta Exposición quere acercar as dúas primeiras células citadas a todo o alumnado que pase por "Ollando na ciencia"- Club de ciencia.

O alumnado desplegou a súa creatividade!!


jueves, 15 de noviembre de 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO, 5º DÍA

Nesta xornada tocou falar de produtos de cosmética. Os anuncios de champú sempre nos falan de utilizar un champú de pH neutro. 

Sabemos que o pH natural do pelo está entre 4,5 e 5,5 e que un pH por encima de 8 reseca o pelo e abre as cutículas. 

Todo isto e moito máis aprendimos hoxe na charla que deron Iria, Antía e Pablo nas sesións de "Ciencia en galego" que a Biblioteca e o Club de ciencia están a celebrar con gran éxito.
 Os alumnos foron dirixidos pola profesora Cristina Gómez dentro da materia de Cultura Científica de 1º de bacharelato.
O traballo, de un gran rigor científico,  destacou por a claridade con que explicaron o proceso de desnaturalización das proteínas que ten lugar polo cambio de pH e así mesmo poque as propias alumnas comprobaron os fecitos do champú no seu propio pelo.  Noraboa a Antía, Iria e Pablo por manter a nosa atención en alza durante a exposición.

Continuamos expoñendo os Proxectos de Investigación que o alumnado de 1º de Bac realizou ocurso pasado. 

martes, 13 de noviembre de 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO, 4º DÍA

Nas Comunicacións científicas que se están levando a cabo no IES Ollos Grandes adicadas á Ciencia en Galego,  hoxe tocoulles o turno a María Díez e Andrea Polo co traballo Inflúe o color de ollos na percepción da luz?".

Este traballo  leváronno a cabo durante o  curso 2017 - 2018 e presentouse no III Congreso de Ciencia.

Os proxectos que teñen en conta a luz e os seus órganos receptores son sempre de gran interese por parte do alumnado co cal o éxito desta exposición estaba asegurado.

Agradecemos a Andrea e a María a súa participación así como o empeño que demostraron á hora de facer un traballo con recollida de datos rigorosa e boa documentación.


Moitas grazas e que o voso exemplo, como o de todos que estades  expoñendo,  serva para espertar nos máis pequenos o interese pola ciencia.

Noraboa!!!!!!



lunes, 12 de noviembre de 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO, 3º DÍA

Mira esta zapatilla, de que cor  a ves? Rosa? Gris?

Pregúntalle á xente que tes ao teu arredor; védela todos da mesma cor?

Os nosos alumnos de bacharelato, Paula Díaz e Rodrigo López, quixeron descubrir por que distintas persoas ven a mesma imaxe cunha cor diferente.
Será a luz? Inflúe  a idade? Usar lentes?...

Para pescudalo, fixeron unha enquisa, analizaron os datos obtidos, documentáronse, é dicir, realizaron un proxecto de investigación, cuxas conclusións expuxeron  hoxe na nosa biblio.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!


viernes, 9 de noviembre de 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO   2º DÍA

As alumnas de 4º de ESO presentaron o seu traballo sobre os "Segredos do Dixestivo" na Biblioteca do IES Ollos  Grandes ante un público entregado.

Axudadas de unha presentación e micro en man foron introducíndonos nas profundiadeas do intestino, do estómago.... todo isto cun gran número de vídeos que fixeron moi agradable as horas de recreo compartidas entre os namorados da ciencia.
Noraboa!!!!






MES DA CIENCIA EN GALEGO

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO - 1º Día

O Club de Ciencia do IES Ollos Grandes "Ollando na ciencia", está a celebrar en coordinación coa Biblioteca do centro distintas actividades para fomentar o uso da Lingua Galega na Ciencia e na Investigación.

O Martes presentouse a Revista "Natural Talent" que recolle os traballos de Investigación dos alumnos curso pasado. Un importante número de alumnos e alumnas xunto cos profesores compartimos o noso momento de lecer facendo un homenaxe os nosos investigadores do futuro.




Na segunda parte do acto Irene Fernández e Sara López presentaron o seu traballo de investigación: "As lesión no deporte: Baloncesto e atletismo".

Moitas grazas ós asistentes e, por suposto, as conferenciantes!!!!!!

domingo, 21 de octubre de 2018

NATURAL TALENT

Publicación anual do Club de ciencia

NATURAL TALENT- III CONGRESO DE CIENCIA

Proxectos Científicos do alumnado do IES Ollos Grandes -Lugo


martes, 16 de octubre de 2018

Charlando con científicos

A primeira actividade do curso 2018-2019 do Club de ciencia do IES Ollos Grandes, Ollando na ciencia, tivo lugar o luns 15 de outubro.
Os alumnos participaron na Charla de Carlos Spuch sobreo o Alzheimer o o risco do aumento das vehemencias en Galicia.
A actividade enmarcouse dentro da sección " Charlando con científicos",

Carlos Spuch, prestixioso neurocientífico galego explicounos o porque do aumento das demencias en Galicia e a súa relación co envellecemento da poboación galega.

Aínda que a causa do Alzheimer non se coñece exactamente, o neurocientífico destacou a posibilidade de que conflúan baixo o nome de Alzheimer varias doenzas de orixe diferente pero de sintomatoloxías moi similares.

Así mesmo destacou que aínda que a enfermidade aparece sobre os 55 anos máis ou menos, é moi posible que as súas orixes se atopen na adolescencia.....O que xustifica á necesidade trasladar ós adolescentes a necesidade de hábitos de vida saúdable.

O Alzheimer non implica a morte das neuronas en sí mesmo. É unha enfermidade da sinapsis neuronal. Fallan as conexións entre as neuronas". Carlos Spuch.


Esta é unha imaxe do cerebro que ímos a ver con frecuencia. Representa a rede neuronal, das redes neuronais nun cerebro sán.

viernes, 22 de junio de 2018

PRÓXIMA PARADA

DIA DA CIENCIA EN GALEGO - NOVEMBRO 2018


  1. Presentación da Revista Ollando na Ciencia. "NATURAL TALENT"

2.Presentación  "XOGOS "

  • XOGOS CON MATEMÁTICAS (3º ESO)  E XOGOS TECNOLÓXICOS (2º ESO)
O XOGO DO VIRUS N-H (Gripe)
Alfonso Núñez, 1º B BAC

OS PROXIMOS CIENTÍFICOS CHAMARÁNSE CELTIA, FRANCISCO, ALFONSO.................

DESTACAMOS

LIÑA DE TEMPO DOS MATERIAIS DO PLANETA TERRA E A SÚA RELACIÓN CO HOME 

Esta actividade de claro contido medio ambiental foi unha actividade compartida tamñén co Biblioteca. 

Os alumnos de 4º de ESO quixeron facernos reflexionar acerca do impacto do home no planeta repasando os distintos recursos utilizados xeración tras xeráción.

Cada alumno do grupo presentaba un material e indicaba a súa procedencia e así poidemos comprobar dúas cousas, como fóron cambiando ao longo do tempo e a grande necesidade de novos materiais que ten o home na actualidade. Materiais menos contaminantes e que teñan un menor impacto no entorno.

Será esto posible?

A actividade foi presentada diante de varios grupos de alumnos e alumnas de diferentes niveis e está en Exposición permanente na Biblioteca do centro.
Leonor e Belén.




PRESENTACIÓN (en sociedade) CLUB CIENCIA - XUÑO 2018

No acto de presentación da Revista do Centro o día 15 de xuño, seis alumno-as do Club de ciencia e participantes na semana de Proxectos científicos / Congresos fóron invitados a participar como embaixadores desta iniciativa.

Diante da Señora Alcaldesa de Lugo, a Concelleira de Economía, representantes do centro de Innovación (I+D+I) CEI - NODUS e á Dirección do Instituto, os alumnos /as presentaron os seus traballos, explicaron como o desenvolveron e fixeron unha valoración da experiencia.

Fóron interrompidos en diversas ocasións polo público con aplausos. Posteriormente felicitados polas autoridades e a dirección do Centro polo traballo realizado, o esforzo amosado e o entusiasmo con que o transmitían.

Os representantes dos alumnos fóron:

- Paula Carreira, Celtia Neira e Andrea Vidueiro co proxecto: "Habilidades cognitivas no alumnado de ciencias versus sociais versus  humanidades: A lóxica, a memoria, a imaxinación"

-Izabella Florian, Francisco García e Marta López co proxecto:  "Biotecnoloxía aplicada: Fermentación natural e fermentación química"


Gracias aos editores da Revista,especialmente á coordinadora Susana Carreira, por ternos invitado e facernos estar orgullosos do traballo realizado. ❤❤


I SEMANA: "XOGANDO CON TECNOLOXÍA"

XOGANDO COA TECNOLOXÍA

I SEMANA DE XOGOS COA TECNOLOXÍA
Covadonga e Miguel Anxo profes de Tecnoloxía prepararon estas xornadas co seus alumnos de 2º de ESO. O obxectivo era apromixar o concepto de Bit aos demais alumnos do Instituto.







Cartel: Celtia Neira- 1º C BAC





 XOGANDO COAS MEDIDAS EN BITS

Los alumnos de la 2º de ESO de la sección bilingüe, aprovechando la unidad didáctica: Hardware y Software, participaron realizando la actividad que se describe a continuación.


Primero vimos una pequeña parte teórica sobre las unidades de información y almacenamiento que se utilizan en informática. En el siguiente código podéis ver un pequeño resumen.

Los alumnos debían utilizar Canva, que es una herramienta de diseño que, además, nos permite trabajar de forma simultánea y ofrece innumerables posibilidades de formatos, colores e imágenes para crear infografías, portadas, composiciones, etc.  Covadonga

Carteles y futuros puzzles de los alumnos de 2º ESO del Club de Ciencia.



MONITORAS PREPARADAS

Alumnos e alumnas de 2º actuaron de monitoras tanto na app  de BITcreada para ordenador como para os puzzles de BIT citados anteriormente.
Miguel Anxo e os seus alumnos de 2º ESO crearon esta app para o Club de ciencia. O obxectivo era aproximar o concepto de "unida de medida" aplicada á informac ión informática.


A INFORMACIÓN OCUPA LUGAR. Miguel Anxo




I XORNADAS DE XOGOS CON MATEMÁTICAS

Cartel elaborado polas alumnas de 1ºBAC C
Paula Carreira, Celtia Neira e Andrea Vidueiro


EXPOSICIÓN DE XOGOS MATEMÁTICOS

Lidia Rodriguez e Nazaret Ascariz


Iniciamos a actividade con un traballo de investigación na procura de información a cerca das medidas en  diámetro, peso, volume,...de seres vivos e inertes, onde se utilicen números moi grandes e números moi pequenos, e que terán que expresar en notación decimal e científica. Así mesmo, deberán indicar a fonte: libro, páxina web, etc da que obtiveron a información de cada unha das magnitudes.
Parte dos participantes recibirá a táboa para a busca de números moi grandes, e a outra parte a táboa para a busca de números moi pequenos.

Na segunda parte comezamos a construir os xogos coa información facilitada:

  • Pescuda o nome operando con notación científica.Construción de xogos. Unha vez corrixidas as táboas, o alumnado empezará a traballar en grupos na construír de distintos tipos de xogos.
  • Quebracabezas circular de notación científica.
  • Eu teño?...Quen ten? Notación científica. (Quen ten a diferenza entre a masa da terra e do sol en notación científica?)
Para este tipo de xogos utilizarán a aplicación Tarsia. Ideas collidas da páxina web: https://anagarciaazcarate.wordpress.com/






  • Encrucillados
  • Oca científica



EXPOSICIÓN DE XOGOS 









XOGANDO CON MATEMÁTICAS/ I Semana Xogando con Matemáticas


PESCUDA O NOME DA CIENTÍFICA

Facendo a correspondencia axeitada de medidas e notación científica  descubrimos o  ome dunha famosa científica.




PUZZLES  E NOTACIÓN CIENTÍFICA

Unha das preguntas máis repetidas nas clases de matemáticas é: “profe, pero isto para que serve?”.

Coa intención de que valoren as moitas aplicacións das potencias e a notación científica propuxémoslle ao alumnado de 3º de ESO un pequeno traballo de investigación. En primeiro lugar, buscaron nos libros de texto doutras materias como Física e Química ou Bioloxía, e tamén na rede, información sobre magnitudes moi grandes ou moi pequenas (radios dos planetas, distancias entre eles, tamaños dos virus, glóbulos vermellos, masas e cargas atómicas …), destacando a importancia de constatar a veracidade da información obtida.

Unha vez recollidos os datos, aprenderon a expresar en notación científica os valores obtidos, comprendendo a súa utilidade non só para nomealos senón tamén para operar con eles.

Por último, algúns destes alumnos elaboraron en grupo, carteis, un xogo da oca, puzzles, etc. cos datos recollidos. Utilizaron  o programa TARSIA-FORMULATOR para crear as actividades en forma de quebracabezas ou dominós.

Para compartir a nosa experiencia realizaremos unha exposición do traballo do alumnado.

Puzzle elaborado con Tarsia  por Nuria , 3ª ESO


A NOTACIÓN CIENTÍFICA