viernes, 22 de junio de 2018

CHARLANDO CON CIENTÍFICOS: Neurociencia e aprendizaxe

Iria Rodriguez Pichin é unha ex alumna do IES Ollos Grandes que veu a facer as súas prácticas de Máster de Profesorado ao centro.
A través do Departamento de Orientación, onde realizou as prácticas, descubremos que viña de facer un Máster en Neurociencia nada máis nin nada menos que con un gran experto: David Bueno.
Foi emocionante escoitar a Iria e saber de forma directa como é traballar con David Bueno.

Iria explicou ao alumnado de 1º de BAC a importancia da plasticidade do cerebro e destacou a importancia da neurociencia no aprendizaxe actual.

A súa charla está recollida na Revista final de Ciencia.

I Charla: 16 de abril 2018 - Salón de Actos

II Charla: 17 de abril 2018 - Laboratorio Bio - Xeo

DAVID BUENO:
Esos días estábase a presentar a "Plataforma BBVA Aprendemos juntos", e precisamente David Bueno inauguraba a plataforma.





No hay comentarios:

Publicar un comentario