viernes, 22 de junio de 2018

I XORNADAS DE XOGOS CON MATEMÁTICAS

Cartel elaborado polas alumnas de 1ºBAC C
Paula Carreira, Celtia Neira e Andrea Vidueiro


EXPOSICIÓN DE XOGOS MATEMÁTICOS

Lidia Rodriguez e Nazaret Ascariz


Iniciamos a actividade con un traballo de investigación na procura de información a cerca das medidas en  diámetro, peso, volume,...de seres vivos e inertes, onde se utilicen números moi grandes e números moi pequenos, e que terán que expresar en notación decimal e científica. Así mesmo, deberán indicar a fonte: libro, páxina web, etc da que obtiveron a información de cada unha das magnitudes.
Parte dos participantes recibirá a táboa para a busca de números moi grandes, e a outra parte a táboa para a busca de números moi pequenos.

Na segunda parte comezamos a construir os xogos coa información facilitada:

  • Pescuda o nome operando con notación científica.Construción de xogos. Unha vez corrixidas as táboas, o alumnado empezará a traballar en grupos na construír de distintos tipos de xogos.
  • Quebracabezas circular de notación científica.
  • Eu teño?...Quen ten? Notación científica. (Quen ten a diferenza entre a masa da terra e do sol en notación científica?)
Para este tipo de xogos utilizarán a aplicación Tarsia. Ideas collidas da páxina web: https://anagarciaazcarate.wordpress.com/






  • Encrucillados
  • Oca científica



EXPOSICIÓN DE XOGOS 









XOGANDO CON MATEMÁTICAS/ I Semana Xogando con Matemáticas


PESCUDA O NOME DA CIENTÍFICA

Facendo a correspondencia axeitada de medidas e notación científica  descubrimos o  ome dunha famosa científica.




PUZZLES  E NOTACIÓN CIENTÍFICA

Unha das preguntas máis repetidas nas clases de matemáticas é: “profe, pero isto para que serve?”.

Coa intención de que valoren as moitas aplicacións das potencias e a notación científica propuxémoslle ao alumnado de 3º de ESO un pequeno traballo de investigación. En primeiro lugar, buscaron nos libros de texto doutras materias como Física e Química ou Bioloxía, e tamén na rede, información sobre magnitudes moi grandes ou moi pequenas (radios dos planetas, distancias entre eles, tamaños dos virus, glóbulos vermellos, masas e cargas atómicas …), destacando a importancia de constatar a veracidade da información obtida.

Unha vez recollidos os datos, aprenderon a expresar en notación científica os valores obtidos, comprendendo a súa utilidade non só para nomealos senón tamén para operar con eles.

Por último, algúns destes alumnos elaboraron en grupo, carteis, un xogo da oca, puzzles, etc. cos datos recollidos. Utilizaron  o programa TARSIA-FORMULATOR para crear as actividades en forma de quebracabezas ou dominós.

Para compartir a nosa experiencia realizaremos unha exposición do traballo do alumnado.

Puzzle elaborado con Tarsia  por Nuria , 3ª ESO


A NOTACIÓN CIENTÍFICA

No hay comentarios:

Publicar un comentario