viernes, 22 de junio de 2018

III CONGRESO DE CIENCIA 4/ Ollando na ciencia

Traballos día 3
Avaliación do Congreso

Proxecto: "Maís aló do Infravermello"
AUTORES: Alfonso Núñez, Alejandro Picado


ENTREVISTAS AOS PARTICIPANTES

ENTREVISTAS A OS PARTICIPANTES NAS EXPOSICIÓNS:

Paula Carreira:
 Cal era o tema do proxecto ?
 O proxecto ía sobre as habilidades cognitivas e que bloque tiña máis imaxinación , cal máis memoria etc
Como vos repartistes o traballo?
Practicamente fixémolo todo xuntas 
Que vos incitou a coller o tema do traballo?
No comezo tivemos outra idea pero era moi difícil de facer ; tamén era sobre o cerebro pero decidimos facer esta finalmente.
Tivestes algunha dificultade no traballo ?
Recollemos moitos datos e o traballo quedounos moi largo, entón tivemos que acortalo.
Que foi o que mais che gustou de facelo?
Facer as entrevistas a xente


María Benavides
 Cal e o tema do teu proxecto ?
Como afectaba o color do iris ao recibir a luz solar
Como vos repartistes o traballo?
O experimento fixémolo as dúas xuntas , unha miraba un vídeo mentres a outra recollía e escribía a información .
Que vos incitou a pensar no tema do voso traballo ?
Ao comezo tiñamos pensado outro tema do que falar e como non o podíamos facer , a miña compañeira atopou outro e fixemolo.
Tivestes algunha dificultade para facelo ?
Non puidemos medir canto se dilataba a pupila
Que é o que mais che gustou de facer o traballo ?
Aprendín de cousas que non tiña nin idea e o final gustoume
Que aprendestes co traballo ?
A melanina que había nos iris se era de cor azul , claro ou marrón . Tamén en que afectaba na luminosidade.

Carlota Fernández
Cal era o tema do proxecto ?
Falaba sobre a dieta española e a dieta británica , como se reparten os alimentos , por así dicilo, cal era máis propensa a ter enfermidades e cal delas eras máis san ou menos .
Como vos repartistes o traballo?
Cada unha fixo a súa parte , dividímonos os dous países coas súas respectivas dietas .
Que vos incitou a pensar no tema do voso traballo ?
Na actualidade estanse vendo moitos problemas de alimentación como a bulimia ou a anorexia , polo tanto ter unha dieta saudable e ver dependendo de onde vives como che afecta, é bastante interesante .
Tivestes algunha dificultade para facelo ?
Ao buscar a información da dieta británica ,xa que a maioría das páxinas na rede aparecían en inglés e a tradución no foi moi sinxela .Tamén nos baseamos en varios traballos especializados no tema o cal axudounos bastante .
Que é o que mais che gustou de facer o traballo ?
Sobre todo a parte final , ver como todo o traballo de todo o curso tivo os seus froitos na presentación e ver que todos os compañeiros evolucionamos cos nosos proxectos.
Que aprendestes co traballo ?
Pois a calidade que debemos de ter na nosa dieta e que non debemos menos valorar a alimentación, xa que, somos o que comemos .

Violeta Vázquez Lence
Cal e o tema do teu proxecto ?
A xeoloxía do Caurel
Que vos incitou a pensar no tema do voso traballo ?
 Pilar deunos a idea para facelo
Tivestes algunha dificultade para facelo ?
Non
Que aprendestes co traballo ?
Moitas cousas , a traballar en equipo en xeral.

Antía Crende e Antía Reija
Cal e o tema do teu proxecto ?
Era sobre unha mao robótica
Como vos repetistes o traballo?
 Quedamos varios días pola tarde e o fixemos todo xuntas
 Que vos incitou a pensar no tema do voso traballo ?
Vimolo na clase e pareceunos un traballo interesante
Tivestes algunha dificultade para facelo ?
 Si , facer a man foi bastante difícil , tamén atopar os materiais para facer a man foi bastante complicado.
 Que é o que mais che gustou de facer o traballo ?
Foi bastante entretido a verdade.
Que aprendestes co traballo ?
Os movementos da man e de todo o antebrazo para saber como tiñamos que facela .

Rosalía Parga
 Cal e o tema do teu proxecto ?
O tema do proxecto e a intelixencia artificial
Como vos repartistes o traballo?
Cada un buscou información e logo o redactamos todos xuntos e cada un repartiuse a súa parte do traballo.
Que vos incitou a pensar no tema do voso traballo ?
Pilar explicouno unhas clases antes de nos ter a idea e eliximos ese .
Tivestes algunha dificultade para facelo ?
Si, a forma de facer o traballo porque non hai parte experimental nin nada de iso entón foi máis difícil facelo.
Que é o que mais che gustou de facer o traballo ?
Aprender como funcionaba a intelixencia artificial foi moi interesante .
Que aprendestes co traballo ?
Que deberíamos centrarnos máis nas nosas vidas que na tecnoloxía en xeral.


Izabella Florian
Cal e o tema do teu proxecto ?
Sobre a fermentación do lévedo
Como vos repartistes o traballo?
Quedamos na casa dun compañeiro e fixémolo todos á vez, e despois na presentación cada un tiña unha parte para expoñer.
Que vos incitou a pensar no tema do voso traballo ?
A curiosidade de ver as nosas familias facendo calquera tipo de sobremesa ou pan
Tivestes algunha dificultade para facelo ?
O lévedo natural non fermentaba porque non é un microorganismo , entón pensamos que o tíñamos mal , pero Pilar díxonos que ía ben
 Que é o que mais che gustou de facer o traballo ?
Pois que o lévedo químico é un ser vivo a diferencia do natural que non o é, e por iso o lévedo químico cos distintos tipos de azucre fermenta e o natural no .

Alba Rego , Gorka Fouz e Martín Freije
Cal e o tema do teu proxecto ?
Do machismo na sociedade.
Como vos repartistes o traballo?
Fixemos todo xunto en xeral
Tivestes algunha dificultade para facelo ?
Non foi un traballo difícil xa que é moi fácil atopar información sobre este tema xa que é un tema de actualidade
Que é o que mais che gustou de facer o traballo ?
O feito de poder traballar en grupo e axuda a intentar eliminar o machismo o antes posible
Que aprendestes co traballo ?
Que o machismo e o feminismo non teñen a mesma conclusión , é dicir, que non chegan ao mesmo punto. O machismo di que o home e superior a muller en todos os ámbitos e o feminismo di que homes e mulleres somos iguales.

Lara Fernández
Cal e o tema do teu proxecto ?
A cosmética dos pinta labios  
Como vos repartistes o traballo?
Éramos catro, polo que dúas ocupáronse máis do teórico e as outras dos experimentos
 Que vos incitou a pensar no tema do voso traballo ?
Non sabiamos o que iamos facer, e falando con pilar propúxonos esta idea. A nos encantounos porque nos gusto moito o maquillaxe
Tivestes algunha dificultade para facelo ?
Encontrar os ingredientes dos pinta labios e dicir estes eran orgánicos ou non.
Que é o que mais che gustou de facer o traballo ?
Probalos (risas)
Que aprendestes co traballo ?
Que a veces os pinta labios baratos poden acabar sendo caros porque poderían ser daniños.

Rodrigo e Paula Díaz
Cal e o tema do teu proxecto ?
A explicación de porque algunhas persoas ven a zapatilla de un cor e outras de outro

Como vos repartistes o traballo?
Faciámolo todo a medias, por exemplo para o resumo do proxecto ela fíxoo en inglés e eu en galego pero logo para o PowerPoint ou as enquisa quedabamos e faciámolo xuntos
Que vos incitou a pensar no tema do voso traballo ?
Porque o vimos un dia en Twitter e tivemos curiosidade
Tivestes algunha dificultade para facelo ?
Si para facer as enquisa o noso entorno ten mais ou menos todos a mesma idade polo que nos resultou difícil encontrar xente de diversas idades e o de buscar información tamén foi difícil
 Que é o que mais che gustou de facer o traballo ?
Facer a enquisa
Que aprendestes co traballo ?
Ao buscar información encontramos moitas cousas interesantes sobre a lonxitude de onda e sobre as células do ollo. E finalmente coa zapatilla non chegamos a unha conclusion clara porque cada persoa víao de unha forma distinta independentemente de calquera dos factores.

Clara e Carlota
Cal e o tema do teu proxecto ?
Os reflexos
-Como vos repartistes o traballo?
Non o repartidos, quedábamos e faciamos todo xuntas. As provas, cada unha fíxollas a 4 persoas que coñecía
Que vos incitou a pensar no tema do voso traballo ?
En realidade a nosa primeira idea era algo relacionado coa neuroloxía pero era moi complicado porque non tiñamos medios suficientes. Falamos con Pilar e díxonos que tiña moito que ver con isto e finalmente decidímonos a facelo.
Tivestes algunha dificultade para facelo ?
Foi moi difícil calcular as medidas ao facer a prova, porque entre que empezabamos a contar e a persoa che manda parar hai moito marxe de error porque e moi pouco tempo. Fixemos moitas provas e repeticións pero o final fixémolo un pouco a ollo.
Que é o que mais che gustou de facer o traballo ?
A hora de investigar saber todas esas cousas novas que nun primeiro momento nin te plánteas e en verdade son moi útiles e outra cousa que nos gustou moito foi a hora da presentación do proxecto ver como a xente estaba interesada.
Que aprendestes co traballo ?

Que o arco reflexo e unha cousa e o acto reflexo que todo o mundo pensa que son o mesmo e en verdade son cousas diferentes, tamén os diferentes tipos de reflexos que hai e como se poden medir.



No hay comentarios:

Publicar un comentario