viernes, 22 de junio de 2018

III CONGRESO CIENCIA 3 / Ollando na Ciencia

PRESENTACIÓNS DÍA 2


Presentación de traballos dende as 9:00 h ata as 12:25 h
Artigo publicado na Revista do IES Ollos Grandes "TEMPUS DE LETRAS"

Ollos na ciencia
Visto e oído  na Semana dos Proxectos de Ciencia  

Paula López López
Sergio Pereira Sánchez del Valle






O longo de 3 días as rapazas e os rapaces do IES Ollos Grandes realizaron moitos proxectos de temáticas científicas.



Estes proxectos trataron temas moi diversos, uns ían  relacionadas coa vista, outros coa pel, cos alimentos, coas células, cos seres humanos, cos produtos cosméticos...

Todo estaba organizado, cada quen tiña a súa hora de presentación e mesmo todos posuían un carné cos seus nomes con un debuxo exclusivo deseñado por dúas alumnas de 1º A, Sara e Paula.

O ambiente nestas presentacións foi moi bo, o publico escoitaba atentamente  mentres os seus compañeiros expoñían. O alumnado do instituto asistiu as exposicións e deste xeito poderían aprender o que os demais prepararan previamente.
Este publico podía preguntarlles calquera cousa relacionada co traballo se non lle quedaba clara.

Para nos foi a primeira vez que vimos algo así, pero sen embargo pareceunos unha idea fantástica, xa que os alumnos prepáranse para o día de mañá a hora de traballar nunha empresa e ter que facer un traballo en grupo para expoñeloen público. Máis a hora de realizalo no instituto non é tan ríxido como o día de mañá no teu posto de traballo, pero sen dúbida é un gran acerto facer cousas deste estilo xa que aprendemos moito máis, porque para todos e sobre todo nos alumnos é moito máis doado aprender de maneira didáctica.

Para os próximos anos unha serie de aspectos que poden mellorar o traballo  e sexa máis fácil de expoñer; poden introducir máis vídeos ou fotos e mesmo dependendo do tipo de traballo que fagan, poden facer algunha proba co público de xeito que o público participase mais.




Algúns dos traballos presentados



No hay comentarios:

Publicar un comentario