viernes, 12 de abril de 2019

PREPARANDO O CONGRESO DE CIENCIA

MICROCAM

IMAXES A MICROSCOPIO DE PROCESOS BIOLÓXICOS 

Imaxes superiores x10 x40 = 400 aumentos
Imaxes inferiores x10 x10 = 100 aumentos
AUTORES: Paula e Daniel
Estas espectaculares imaxes de células de pétalo de rosa móstrannos dúas situacións extremas:
  • Esquerda, cando as súas vacuolas se enchen de auga. A auga entra dentro da célula e desdebuxa  mesmo a parede vexetal.
  • Dereita cando se perde toda a auga que contén a célula. A célula perdeu toda a auga e mesmo a membrana plasmática colapsa e se separa da parede vexetal deixando que esta debuxe unha forma xeométrica perfecta.
    • En ámbolos dous casos a célula acaba morrendo. 
    • O proceso escondido nas imaxes chámase ósmose e representa a entrada ou salida de auga para igualar concentracións de sales a ambos os dous lados da membrana plasmática.

No hay comentarios:

Publicar un comentario